OSG Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España ademais dunha marca internacional con seguidores nos cinco continentes a través da súa canle de YouTube.
A OSG, cuxo director titular desde a temporada 2023-24 é Roberto González-Monjas —quen relevou a Dima Sloboddeniouk, titular desde 2013 a 2022—, Víctor Pablo Pérez o seu director honorario e José Trigueros o seu director asociado, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais, a súa presenza nacional e internacional foi constante, con concertos nas mellores salas en España e con varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur —con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo—, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos nos Emiratos Árabes.
Tanto para os seus concertos internacionais como para os seus programas de abono, a OSG conta con solistas como Anne-Sophie Mutter, Isabelle Faust, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Grigory Sokolov, Frank Peter Zimmermann, Maria Joao Pires, Elisabeth Leonskaja, Dmitri Sitkovetsky, Stefan Dohr, Alica Sara Ott, Gil Shaham, Sarah Chang, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Mischa Maisky, Javier Perianes ou Christian Lindberg entre outros moitos.
Con ela cantaron Bryn Terfell, Ewa Podles, Plácido Domingo, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Leo Nucci, Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Mattias Goerne, María Bayo, Ainhoa Arteta, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe Sabbatini, e sempre baixo a batuta de mestres como Dima Slobodeniouk —quen foi tamén o seu titular dende 2013 a 2022—, Gutavo Dudamel, Lorin Maazel, Eliahu Inbal, Neville Marriner, Michail Jurowski, Ton Koopman, Guennadi Rozdestvenski, Libor Pesek, Maurizio Pollini, Christoph Eschenbach, James Judd, Stanislaw Skrowaczeski, Richard Egarr, Daniel Harding, Jesús López Cobos, Osmo Vänskä, Alberto Zedda, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Carlo Rizzi, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck entre outros.
Na súa discografía para selos como Deutsche Gramophon, Sony, BIS, EMI, DECCA, Koch, Naïve, BMG e Arts figuran nomes como os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Iván Martín, Manuel Barrueco —con quen foi proposta para o premio Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles entre outros.
A OSG converteu a súa canle de YouTube na máis vista do sector en España e unha das máis visitadas a nivel europeo: con máis de cen mil subscritores os vídeos da OSG superan os trece millóns de visualizacións no último ano desde un total de 227 países. O éxito internacional da súa canle e as retransmisións en streaming HD iniciadas na temporada 14-15 supuxeron a súa proposta para o premio Classical: Next Innovation Award 2015.
A OSG foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e é Premio Cultura Galega da Música 2010.
A OSG está financiada polo Concello da Coruña, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
Coro da OSG
O Coro da OSG, fundado no ano 1998, deu o seu primeiro concerto o 21 de marzo do mesmo ano xunto coa Escola de Práctica Orquestral da OSG e baixo a dirección de James Ross. Actualmente, o coro está integrado por máis de setenta voces procedentes de toda Galicia. Desde a súa fundación o Coro da OSG desenvolveu unha intensa actividade artística centrada nos repertorios sinfónico-coral, operístico e a capella baixo a dirección de Joan Company, o seu director titular durante vintecinco anos e hoxendía director honorario do conxunto. Caros Mena é o seu director artístico tanto do propio Coro da OSG como do seu Coro Infantil e do Coro Novo da OSG, e Javier Fajardo o seu director musical.
A primeira xira de concertos fóra da comunidade galega levou o Coro ao Auditorium de Palma de Mallorca. Desde aquela participou en varias edicións do Festival Mozart da Coruña, no Festival de Ópera, no Festival de Música da Coruña; nos ciclos de concertos Música en Compostela, O Son das Catedrais, Festival Internacional de Órgano Catedral de León así como en diversos escenarios e auditorios da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Ourense, etc.
A finais de 2003, o Coro realizou a súa primeira xira ao estranxeiro, con concertos nas catedrais do Porto e Lisboa. Ademais, actuou por primeira vez en Barcelona acompañado da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) baixo a dirección de Cristopher Hogwood. Tamén cantou no concerto inaugural da temporada 2006-07 da Orquestra Simfònica de Balears no Auditorium de Palma de Mallorca.
No seu extenso e variado repertorio salienta a súa especial dedicación á música sinfónico-coral de Bach, Vivaldi, Haydn, Mozart, Beethoven, Schubert, Brahms, Mahler —con destacadas intervencións nas súas sinfonías nº 2, 3 e 8—, Mendelssohn,, Xostacóvich, Puccini, Fauré, Orff, Debussy, Britten, Garcia Abril, Rossini, Stravinsqui, etc.
Ademais, o Coro da OSG dedicoulle boa parte da súa actividade á ópera, tanto en versións escénicas como en versión de concerto de grandes títulos do repertorio de Mozart, Rossini, Donizetti, Chaikovski, Puccini, Verdi e Wagner.
Tanto en concerto como en escena, o Coro da OSG cantou e actuou sempre baixo a dirección de grandes mestres de renome internacional, como Lorin Maazel, Eliahu Inbal, Ton Koopman, Alberto Zedda, Jesús López Cobos, Víctor Pablo Pérez, Miguel Ángel Gómez Martínez, Richard Egarr, Dima Slobodeniouk, Josep Pons, Ros Marbà e Carlos Mena, o seu responsable artístico.
Ademais de ter a oportunidade de traballar as grandes obras do repertorio baixo a dirección de importantes batutas, os integrantes do Coro da OSG reciben unha constante formación vocal con profesores de recoñecido prestixio. A creación dos Nenos Cantores da OSG en 2000 e do Coro Novo da OSG en 2005 completan un proxecto pedagóxico-coral de longo percorrido co que se garante o futuro vocal en toda Galicia.
Carlos Mena, alto e director
Naceu en Vitoria-Gasteiz (1971) Fórmase na prestixiosa Schola Cantorum Basiliensis (SCB) de Basilea (Suiza) baixo a dirección dos seus maestros R. Levitt e R. Jacobs. Na SCB realiza igualmente estudios de música medieval e de ópera.
Actualmente é profesor de canto histórico na SCB, no Real Conservatorio de Música de Madrid e na Academia da Universidade de Salamanca.
Como solista cantou baixo a batuta de maestros como Michel Corboz, Jesús López Cobos, Pinchas Steinberg, Sebastina Weigle, Paul Goodwin, Mark Minkowsky, Rafael Frübeck de Burgos, Ottavio Dantone, Juanjo Mena, Gustav Leonhardt, Christoph Coin, Andrea Marcon o que lle leva a cantar en festivais e salas de todo el mundo como Musikverein y Konzerthaus de Viena, Palais de Beaux Arts de Bruselas, Concertgebouw de Amsterdam, Grosses Festspielehaus de Salzburgo, Philarmonie de Berlin, Suntory Hall e City Opera Hall de Tokyo, Osaka Shympony Hall, Zipper Hall e Schönberg Hall de Los Angeles, Alice Tully Hall del MET de Nueva York, Kennedy Center de Washington, Sidney Opera House, Concert Hall de Melbourne, Belas Artes de Ciudad de México, Teatro Colón de Buenos Aires…
Máis de 50 recitais gravados para Mirare, Deutsche Grammophon, Sony Music, Harmonia Mundi, IBS, obteniendo numerosos premios como o Diapasón de Oro do ano e o CD Compact de Renacemento do ano.
No ámbito da ópera interpretou “Radamisto” (Radamisto) de G. F. Haendel na Felsenreitshule de Salzburgo, “L’Orfeo” (Speranza) en la Staatsoper de Berlin, “Il Trionfo” (Disinganno) de Händel no Salzburger Pfingstenfestival, ”Europera 5” de J. Cage no Festival de Flandes, no Barbican Center de Londres protagonizou “Ascanio in Alba” de Mozart, “A Midsummer Night’s Dream” (Oberon) de B. Britten, “Viaje a Simorgh” de Sánchez-Verdú no Teatro Real de Madrid, Apollo en “Death in Venice” de Britten no Gran Teatro del Liceu e Paixón según San Juan de Bach no Teatro Arriaga e Chatelet de París.
Carlos Mena interpreta repertorio de lied e contemporáneo, estreando obras de compositores como José María Sánchez-Verdú, Gabriel Erkoreka, Jesús Torres, Jesús Torres, Joan Magrané, Enric Palomar, etc… Actualmente traballa estreitamente co compositor Alberto Iglesias en varios proxectos.
Foi artista residente do prestixioso Festival BOZAR de Bruselas, do Centro Nacional de Difusión Musical e d Orquesta Ciudad de Granada.
É membro do xurado dos Premios Princesa de Asturias das Artes.
Carlos Mena é director artístico do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixe regularmente orquestras como a Ciudad de Granada, Sinfónica de Galicia, Principado de Asturias, Sinfónica de Navarra, Orquesta de Córdoba, Orquestra e Coro de la RTVE, Sinfónica de Portugal, Sinfónica de Bilbao, Orquestra de Extremadura obras de Bach, Haendel, Telemann, Vivaldi, Arriaga, Kodaly, Vaughn-Williams, Ravel, Debussy, Iglesias…
Realización audiovisual | José Francisco Salgado
Concerto Inaugural | A paixón espiritual
· Johann Sebastian Bach (1685-1750) :: Paixón segundo san Xoán, BWV 245