Bambú Ensemble, o único octeto de cordas estable no panorama musical español a día de hoxe, naceu motivado por unha gran afinidade musical e persoal entre os seus oito membros, que foi xestada no seo da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) e da Joven Orquesta de la Unión Europea (EUYO).
Aínda que é un grupo versátil que pode aparecer en distintas formacións, elixen o octeto de corda de xeito habitual. Este tipo de agrupación ofrece un amplo abano de posibilidades sonoras e unha extensa gama de expresividade musical. Foron estas algunhas das características que atraeron a Bambú Ensemble a afondar na investigación e interpretación dun repertorio tan pouco explorado na actualidade.
Entre as influencias que tivo Bambú Ensemble a nivel formativo, cabe destacar especialmente a figura de Cibrán Sierra, violinista do Cuarteto Quiroga e Catedrático na Universidade Mozarteum de Salzburgo. A raíz dun traballo conxunto e de xeito regular desde os seus inicios, o grupo incorporou unha valiosa metodoloxía que lles permite seguir evolucionando. A filosofía do grupo é lograr combinar actuacións nos lugares máis recónditos da xeografía nacional que carecen de concertos en vivo coa participación en ciclos culturais e festivais de prestixio nacional e internacional.
Ademais do seu debut no Auditorio Nacional de Música de Madrid e na Fundación Juan March, colaboraron co Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) interpretando obras inéditas do compositor Cristóbal Halffter na celebración do seu 90º aniversario. Participaron no ciclo “Martes Musicales” da Fundación Vital, así como no proxecto MusaE. Tamén colaboraron con RTVE, así como coas sociedades filharmónicas de Pontevedra, Rías Baixas, Vilagarcía e Gijón. Foron convidados a actuar no Festival de Grafenegg (Austria) e no Priorato Le Mesnil-Saint Martin (Francia), entre outros.
Para Bambú Ensemble é importante manter vivo o seu vínculo coa sociedade, xa sexa interactuando co público para facilitar a súa posterior escoita das obras ou mediante concertos solidarios colaborando con distintas organizacións.
· Reinhold Glière (1875-1956) :: Octeto para cordas op.5 en re maior
I. Allegro
II. Scherzo (Allegro)
III. Andante
IV. Finale (Allegro vivace)
· Dimitri Shostakovich (1906-1975) :: Dúas pezas para octeto de cordas op. 11
I. Preludio (Adagio)
II. Scherzo (Allegro molto)
· Javier Martínez Campos (1989) :: Serenata de Cordas




