clasclás 2024 | “Andante”

O Festival Internacional de Música Clásica clasclás realizou a súa VII edición novamente no verán de 2024 baseándose no vertixinoso e consolidado éxito obtido polo certame ao longo dos seis últimos anos, acadando os 5.000 asistentes na derradeira edición do ano 2023. O festival celebrouse dende o venres 21, coincidindo co Día Internacional da Música, ata o sábado 29 de xuño de 2024.

O festival celebrouse dende o venres 21, coincidindo co Día Internacional da Música, ata o sábado 29 de xuño de 2024.

Nesta VII edición o Festival rendeu homenaxe ao papel da muller na historia da música, e así o reflexa a imaxe deste ano baixo o lema “Andante”:

Á gran e lexendaria pianista Elisabeth Leonskaja, que inaugurou o festival e fixo doblete nun segundo concerto xunto a Hannah Kandinsky, sumáronse Judith Jáuregui, Judith Bardolet e as 36 mulleres profesionais da música componentes de Vocalia Taldea; tamén as tres componentes do Cuarteto Novecento, Ildikó Oltai, Irina Gruia, Ioana Ciobotaru; ás novas compositoras Paula Olaz y Eva Ugalde das que escoitaremos as súas obras na clausura do clasclás; as dúas vicepresidencias, o equipo directivo e unha importantísima parte do equipo de producción e xestión do festival; as profesoras do programa Pedagóxico como Mairead Hickey, as pianistas acompañantes do Programa a pé de rúa e todas as alumnas que participaron nos catro programas que completaron o Festival.

Concertos

Elisabeth Leonskaja - Concerto inaugural

Elisabeth Leonskaja está en posesión das máximas honras artísticas a nivel internacional. Falamos dunha artista que escalou ata alturas acadadas polos máis grandes, non só dehoxe, senón de toda unha época. Artista única e lexendaria que realizará un fantástico percorrido pola historia do piano dos séculos XVIII a XX no concerto inaugural desta VII edición.

Programa

  • W. A. Mozart (1756-1791) :: Sonata para piano nº 18 en Re mayor, Kv. 576
    • I. Allegro
    • II. Adagio
    • III. Allegretto
  • ​A. Webern (1883-1945) :: Variacións Op. 27
    • I. Sehr Mässig
    • II. Sehr Schnell
    • III. Ruhig Fließend
  • ​F. Schubert (1797-1828) :: Drei Klavierstücke D. 946
    • I. Allegro assai
    • II. Andante
    • III. Allegro
  • L. van Beethoven (1770-1827) :: Sonata nº 32 en Do menor, Op. 111
    • I. Allegro
    • II. Arietta, tema e variacións

Adolfo Gutierrez Arenas & Malcom Martineau

Adolfo Gutiérrez é un cellista español de recoñecida e ampla traxectoria. Malcolm Martineu ven de desenvolver unha longa carreira no campo de acompañamento vocal, acadando a Orde do Imperio Británico pola súa contribución aos novos intérpretes. Interpretarán un repertorio de enorme beleza e profundidade artística.

Programa

  • R. Schumann (1810-1856) :: Fantasiestücke Op. 73
    • I. Zart und mit Ausdruck
    • II. Lebhaft, leicht
    • III. Rasch und mit Feuer
  • F. Schubert (1797-1828) :: Sonata Arpeggione en La menor D. 821
    • I. Allegro moderato
    • II. Adagio
    • III. Allegretto
  • ​C. Franck (1822-1890) :: Sonata para violonchelo e piano en La
    • I. Allegretto ben moderato
    • II. Allegro
    • III. Ben moderato. Recitativo – Fantasia.
    • IV. Allegretto poco mosso

Elisabeth Leonskaja & Kandinsky Quartet

Elisabeth Leonskaja volveu a subirse ao escenario do clasclás na compaña do prometedor Cuarteto Kandinsky, ao que amadrina desde hai tempo, para interpretar dous monumentais quintetos para piano e corda. O contrabaxista Dominik Wagner se sumará a eles no Quinteto “A troita”.

Programa

  • R. Schuman (1810-1856) :: Quinteto para piano e cordas Op. 44
    • I. Allegro brillante
    • II. In modo d`una marcia. Un poco largamente
    • III. Scherzo: Molto vivace
    • IV. Allegro ma non troppo
  • F. Schubert (1797-1828) :: Quinteto para piano e cordas en La maior, D. 667 “A troita”
    • I. Allegro vivace
    • II. Andante
    • III. Scherzo (Presto)
    • IV. Tema (Andantino) con variazioni I – VI
    • V. Finale (Allegro giusto)

Judith Jáuregui & Quartet Gerhard

Judith Jáuregui e o Cuarteto Gerhard forman xa unha unión estable no tempo. Judith, de impecable interpretación, repite no clasclás por segunda vez. O Cuarteto Gerhard está considerado como un dos máis destacados da súa xeración. Con eles faremos unha homenaxe conxunta á música española e a tradición checa.

Programa

  • R. Schumann (1810-1856) – C. Schuman (1819-1896) :: Widmung (Liebeslied)
  • F. Schubert (1797-1828) – F. Liszt (1811-1886) :: Ständchen (de Schwanengesang, D.957)
  • F. Liszt :: Liebestraum, S.541 nº 3
  • ​E. Granados (1867-1916) :: Quinteto para piano e cordas en Sol menor
    • I. Allegro
    • II. Allegretto quasi andantino
    • III. Largo – Molto presto
  • ​A. Dvořak (1841-1904) :: Cypresses B. 152, selección
    • IV. Never Will Love Lead Us to That Glad Goal.
    • IX. Thou Only Dear One, but for Thee.
    • X. There Stands an Ancient Crag.
    • XI. Nature Lies Peaceful in Slumber and Dreaming.
  • ​A. Dvořak :: Quinteto para piano e cordas en La Maior Op. 81, B. 155
    • I. Allegro, ma non tanto
    • II. Dumka: Andante con moto
    • III. Scherzo (Furiant): molto vivace
    • IV. Finale : Allegro

Josef Spacek & Miroslav Sekera

Josef Špaček está considerado un dos mellores violinistas checos de hoxe en día polo seu puro ton, e coidado rexistro grave. Miroslav Sekera ten sido galardoado internacionalmente en diversos concursos de piano. Forman dúo estable desde hai anos e con eles celebraremos o ano da música checa.

Programa

  • L. van Beethoven (1770-1827) :: Sonata para violín e piano nº 4 en La menor, Op. 23
    • I. Presto
    • II. Andante scherzoso, piú Allegretto
    • III. Allegro
  • J. V. H. Voříšek (1791-1825) :: Rondo para piano e violín Op. 8
    • Rondo. Allegretto
  • A. Dvořak (1841-1904) :: Pezas Románticas Op. 75
    • I. Allegro moderato
    • II. Allegro maestoso
    • III. Allegro appassionato
    • IV. Larghetto
  • S. Prokofiev (1891-1953) :: Sonata para violín e piano nº 2 en Re Maior, Op. 94a
    • I. Moderato
    • II. Presto
    • III. Andante
    • IV. Allegro con brio

Vocalia Taldea

Vocalia Taldea é un proxecto no que se cristalizan as procuras e inquietudes dun grupo de mulleres profesionais da música do País Vasco. A súa aposta céntrase na firme intención de ser un grupo vocal estable que acceda a un repertorio que, por cuestións de esixencia musical e vocal, non adoita interpretarse habitualmente.

Programa

De lo humano y lo divino…

  • F. Ibáñez-Iribarria (1951) :: Ave María
  • J. Saénz (1996) :: Libera Me
  • Tokuhide Niimi, (1947) :: Salve Regina
  • D. Mocnik (1967) :: Ignis Caritatis
  • R. Stroope (1953) :: Revelation
  • Mario Hernández, Solista
  • J. Elberdin (1976) :: Goizean Argi Hastian
  • X. Sarasola (1960) :: Haizeak Dakar
  • J. Domínguez (1967) :: Nocturnos
  • A. Cadario (1980) :: Lau Teilatu
  • J. Domínguez (1967) :: Estou Amor Aquí

Masterclasses

O ‘Programa Masterclasses’, un proxecto educativo do festival no que participan alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía e doutros centros de Galicia, tivo como profesores aos propios artistas: Marek Kozák, Azahar Ensemble, Guarneri Trio de Praga e The Ritirata. Unha selección de alumnos participantes no programa actuou xunto ao Trío Guarneri de Praga o pasado 1 de xullo no Pazo de Rubianes de Vilagarcía.

Clasclás A Pé de Rúa

Nesta VI edición, a oferta completouse co novo Programa Clasclás A Pé de Rúa (Ao pé da Rúa) no que actuaron por prazas e rúas de Vilagarcía diferentes grupos do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música, participando en as clasclás a toda a poboación da cidade.

Programa Social y Comunitario

Apostamos polo querido Programa Social e Comunitario, deseñado para mostrar a música clásica os diferentes colectivos da nosa sociedade que por diferentes motivos ou causas non teñen facilidades suficientes para achegarse a ela, e que tantas alegrías provocou a todos os que participan no clasclás, asistentes, participantes e organizadores, evento imprescindible para o festival. Son preto de 400 espectadores de capacidades diferentes pertencentes e máis de vinte as asociacións e colectivos que participan cada ano neste programa.