Dúo Flexible | clasclás matinée

RAFAEL YEBRA

Rafael Yebra (1970) inicia os seus estudos musicais con Arsenio Alonso no seu pobo Sobrado do Bispo en Ourense. É doutor pola Universität Politècnica de València e profesor superior de saxofón polo Conservatorio Superior Música da Coruña co mestre Narciso Pillo. Amplía a súa formación con saxofonistas como Andrés Gomis, Marie-Bernadette Charrier e Jean-Marie Londeix. Paralelamente asiste a numerosos cursos de perfeccionamento musical como o Seminario de Saxofón Contemporáneo da Escola de Altos Estudos do IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais) en Santiago de Compostela e da aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares en Madrid, entre outras.

Como saxofonista forma parte do Ensemble Modulable de Saxofóns S@x 21, Klonos, Múlti- plensemble, Sax Inflexion e colabora coa Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica Vigo 430, Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Pontevedra, Taller Atlántico Contemporáneo Vértixe Sonora Ensemble, entre outras. Presentou concertos en Francia, España, Italia, Alemaña, Austria, Albania, Casaquistán, Portugal e Macedonia, e participou na Programación 2022-23 da Orquestra Sinfónica Vigo 430, XLIII Atope Internacional de Compositors en Palma de Mallorca (2022), Matinais Musicais da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela (2022), Festival DME – Lisboa Incomun en Seia e Lisboa (2021), Festival Sinsal Outono (2021) en Vigo, Festival Resis na Coruña (2019), nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela (2018), Saxornadas (2017) e Explurart (2019) no Conservatorio Superior de Música de Vigo, Aula Internacional de Saxofón de Tui (2015 a 2019), Saxornadas (2017), “Xornadas de Saxofón” en Sevilla (2000 e 2002), Festival Are More de Vigo (2009).

Rafael Yebra foi vicedirector e director do Conservatorio Superior de Música de Vigo entre 2011 e 2015, e na actualidade é catedrático de saxofón no devandito centro despois de pasar polos conservatorios profesionais de Vigo, Ferrol e Pontevedra. Imparte clases maxistrais en conservatorios superiores e universidades europeas no marco do programa de mobilidades Erasmus con destinos en Roma, Berlín, Viena, Bruxelas, Tesalónica, París, Lisboa, Milán, Tirana, Almaty e Tallin, entre outros, á vez que desenvolve unha ampla actividade pedagóxica como profesor e director artístico da aula Internacional de Saxofón de Tui e como director artístico do ciclo Saxornadas desde a súa creación en 2003.

No ano 2008 participa na gravación de óbraa Miniatura Mantis da compositora María García Mendoza patrocinado pola fundación Cuña-Casasbellas, en 2010 participa e grava a obra Locus Amoenus para saxofón barítono e electrónica do compositor Antonio Rocha no marco do ciclo XV da Asociación Galega de Compositores, e, en 2015 coa Real Filharmonía de Galicia, participa na primeira gravación mundial da obra Guitar para orquestra do compositor suízo Frank Martin.

Na súa aposta pola música actual estreou obras de Jacobo Gaspar, Jesús González, María García Mendoza, Fernando Ruibal, Pablo Beltrán, Luís Carro, Fernando Buide, Hache Costa, Xesús Xosé Iglesias González, Eduardo Soutullo, Eligio Vila, Alicia Díaz De la Fuente, Maties Far, Laura de las Heras Alonso, Eckart Beinke, José Luis Campá, Helmut Oehring, Christophe Havel, etc. sendo dedicatario de moitas destas partituras. Actualmente está a traballar en diferentes proxectos nos que tenta compaxinar a música clásica actual (contemporánea) co rock, jazz e outros estilos populares de maneira que podamos gozar da realidade sonora que estamos a vivir.

OSWALDO ORO

Oswaldo Oro nace en Vigo e iníciase na música da man do seu avó, o músico e compositor José Oro Val. Estuda no conservatorio Mayeusis cos profesores Pedro Díaz, Ernesto Campos, do que recibe as súas primeiras leccións de canto; posteriormente finaliza a licenciatura de grao superior (promoción ano 2002-2006) no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Durante ese período fórmase con: Margarita Escarpa, José Luis Fernández; Tomás Camacho. Paralelamente, estuda arranxos de composición e guitarra de jazz na escola “Jazz ao norte” de Porto, asistindo a diversos seminarios e enriquecendo a súa formación con clases de flamenco.

Ademais das numerosas actuacións como concertista solista, asiste a concursos internacionais como “O festival internacional Cesar Aria de Cacabelos” e “Concurso internacional de guitarra de Gondomar”, obtendo unha mención honorífica neste último. Ao longo da súa traxectoria escénica, traballou con numerosos grupos de múltiples estilos, desde o clásico, ao amplo abanico de correntes musicais contemporáneas (rock, pop, jazz etc.)/ etc.). Entre algunhas das súas actuacións máis destacadas, atópase a participación no festival Are More 2006, co cuarteto Os Catro Elementos.

A súa temperá faceta compositiva é moi ampla: da súa autoría son a música para a obra de teatro “Las bolboretas son libres” de Leoard Gershe, representada no ano 2004. Conta tamén cunha cantidade de obras instrumentais de diversos estilos e numerosas cancións, onde queda reflectida a súa formación e preferencias musicais.

Do seu interese polo canto destacan proxectos internacionais como a participación como tenor no coro Europa Chorakademie, baixo a batuta do prestixioso Ingo Metzmacher, na polémica obra “Réquiem Für einem jungen Dichter” do compositor Bernd Alois Zimmermann, representada nunha xira por Hamburgo e Bremen no ano 2000. En 2004 traballa na zarzuela “Las de Caín”, interpretando o papel de Tomás. En 2005, baixo a dirección de Emilio Sagui, participa en opéraa Lucrecia Borgia de G. Donizetti, e como guitarrista, colabora en opéraa Dido e Eneas. Na actualidade desempeña o seu labor como docente, sendo convidado a participar con periodicidade en “A semana da guitarra de Vigo” como concertista e profesor.

“El Valse dos Cordeiros” é o seu primeiro traballo discográfico co nome artístico Oswaldo Oro, no que ademais de compositor desenvolve tarefas como arreglista cantante e instrumentista (guitarras, voces, teclados, sintetizadores, Hammond…) cancións con letras da súa irmá e escritora, Raquel Costal Ouro.

Da man do artista e produtor Paco Ortega presentou este proxecto coa participación de músicos de altísimo nivel e recoñecido prestixio como Anye Bao, Manolo Nieto, Diego Magallanes ou o italiano Walter Tesiorere.

A súa obra LABAS (ola en lituano) foi incluída no disco A Guitarra Clásica Galega de Samuel Diz, no que figuran autores da soada residencia de estudantes madrileña como o lucense Bal y Gay e a súa muller, discípula de Manuel de Falla, Rosa Ascot.

En 2016, alcanza o primeiro premio no concurso de Composición de carácter internacional, FIDELIO, coa obra Zeugma, quedando segundo o Alemán Richard Vaughan e terceiro, Vladimir Gapontsev de Rusia.

Ademais da licenciatura de grao superior en guitarra clásica e a súa instrución en diversos estilos: jazz, flamenco, contemporáneo… obtén un #máster oficial pola Universidade da Rioxa.

Na actualidade é xefe do departamento de Produción e Xestión no CSMV no que imparte clases como catedrático na especialidade de Tecnoloxía Musical. Actividade que compatibiliza coa composición. Recentemente gravou en Londres co prestixioso produtor e enxeñeiro de son, Matt Lawrence, gañador dun Grammy.

Programa

Sete cancións españolas
Música/s para saxofón/s e guitarra/s

  • Manuel de Falla (1876-1946) :: Sete cancións españolas
  • A. Piazolla (1921-1992) :: Piazolla’s works
  • S. Rachmaninov (1873-1943) :: Vocalise
  • M. Ravel (1875 -1937) :: Pieza en forma de habanera
  • J. Montes (1840-1899) :: Negra sombra