Noelia Rodiles, unha das voces referenciais no pianismo español de hoxe en día, é recoñecida tanto polas súas interpretacións do gran repertorio (Schubert, Beethoven, Ravel…), como pola súa sempre atenta mirada cara á música contemporánea (Ortiz, Ligeti, Gubaidulina…). Ao mesmo tempo, recupera e estrea con gran interese a música de autores españoles como Sánchez Allú, Orbón, Magrané ou Rueda.
Ofreceu concertos en salas como o Wigmore Hall de Londres, Tonhalle Düsseldorf ou a Sala Nezahualcóyotl de Cidade de México, así como nas principais salas españolas como o Auditorio Nacional de Madrid ou o Palau de la Música de Barcelona. É convidada habitual en festivais como a Quincena Musical Donostiarra, o Festival Internacional de Santander, a Schubertíada de Vilabertrán ou o Festival Rafael Orozco de Córdoba, así como noutros festivais e escenarios de Francia, Alemaña, Reino Unido, Italia, Polonia ou México.
Rodiles actuou como solista xunto a orquestras como a Orquestra Nacional de España, a Filharmónica da UNAM e a Filharmónica de Jalisco (México), a Orquestra de Radio Televisión Española, a Orquestra Heinrich Heine de Düsseldof (Alemaña), a Sinfónica de Guayaquil (Ecuador), a Orquestra da Comunidade de Madrid, a Sinfónica do Principado de Asturias, The Soloists of London ou a Real Filharmonía de Galicia, entre outras.
Entre os seus compromisos para a temporada 2025/2026 inclúense debuts coa Sinfónica de Tenerife e coa Slovak Philharmonik, a estrea mundial do Concerto para piano e orquestra nº 3 de Jesús Rueda, a estrea da Sonata para piano de Orbón (cuia partitura permanecía inédita), así como a súa volta ao Palau de la Música de Barcelona, ao Auditorio Nacional ou á Fundación Juan March de Madrid.
No seu quinto e último traballo discográfico, Mysterium, Noelia gravou a Partita nº 4 de Julián Orbón e a estrea absoluta de Cloches, de Manuel Martínez Burgos, xunto á Orquestra Oviedo Filarmonía e o mestre Lucas Macías.
· Thierry Escaich (1965) :: Trois instants fugitifs (1994)
I. Instant 1
II. Instant 2
III. Instant 3
· César Franck (1822-1890) :: Prelude, Fugue et variation op. 18.
· Fernando Buide del Real (1980) :: Mesetas (2020)
· Carl Nielsen (1865-1931) :: Quinteto para viento op. 43.
I. Allegro ben moderato
II. Menuet
III. Prelude. Adagio/ Theme and variations. Un poco andantino